24.5.13

FAC Feminismos | FAC Express

Hoxe no Furancho de Arte Contemporánea.
FAC Express Ania GonzálezFAC FEMINISMOS // Recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en GaliciaVenres 24 de maio a partir das 18:00h.

«FAC Feminismos: unha intervención de Ania González que tenta a construcción material dun diagrama vivinte capaz de contextualizar no interior da (contra)historiografía contemporánea a recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia. Para logralo contarase coa participación do proxecto teórico/artístico Archivo T (Genderhacker), varios casos de estudio seleccionados entre a programación cultural dos últimos anos en materia de xénero en Galicia, unha serie de entrevistas presenciais feitas o mesmo día 24 no FAC Peregrina a diferentes axentes culturais entre xs que se contan a filósofa Rebeca Baceiredo, a comisaria Anxela Caramés, a activista Mai ou a galerista María Díaz entre outrxs e unha videoteca-bibliografía misturada específicamente para a ocasión e descargable in situ polxs asistentes.»
Máis info no seu portal: FAC.

Imaxe: Karina Falagan, afamada hosteleira galega, dona dos históricos locais de alterne Lady Hamilton e Jonathan en Vigo, xunto ao domador de leóns Ángel Cristo promocionando a marca de cafeteras Cona (sinónimo de vulva en galego) da que Karina era representante. Fonte: http://karinafalagan.es.tl/Inicio.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario