7.5.13

O Eterno Retorno do Diferir

Dende a galería Espazo en Branco:
A partir do venres 3 de maio Espazo en Branco exhibirá a obra recente da artista Silvia Cristo, baixo o lema do Eterno Retorno do Diferir. A sala Espazo en Branco presenta a exposición individual do último traballo da artista Silvia Cristo. A inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de maio a partir das 20h, e estará aberta ao público durante dúas semanas. A noite da inaugacion haberá un concerto a cargo do Pablo Perez Trío e un recital de poesía de María do Cebreiro e Daniel Salgado, que lerán poemas do seu libro a catro mans A Guerra. As obras que forman parte da exposición pertencen ao traballo artístico realizado durante os últimos dous anos. Cores explosivas e líricas xustaposicións toman o protagonismo nunha serie de cadros en técnica mixta e unha colaxe en gran formato. Nestas obras Silvia aposta pola consolidada estética da colaxemesturada co óleo, o que lle achega un ar povera e pop, cargado de significados ambiguos e explícitos.

 Busca da ulterior perfección (mediante unha infinita cadea de erros) Silvia Cristo

Unha das súas obras máis significativas é unha colaxe de 5 metros presentada nun mecanismo que a enrola e desenrola. A peza formula a idea dun eterno retorno nietzscheano, nesta ocasión centrado no diferir (no que se estancou e volve de novo, o que torna cos seus disentires). Aquí a historia de España reflíctese nos seus escenarios e personaxes nun entrelazamento do tempo, nun xogo das diferenzas, retornos e anacronismos como unha marca incesante e veleidosa do ir e do vir. Silvia aprópiase de formas e narrativas do noso tempo para traballar sobre conceptos como a identidade, a historia, o progreso ou a violencia. O seu traballo inspírase na súa paixón pola filosofía e na súa fascinación por iconas contemporáneas como a armamentistica, a arquitectura máis vista ou o activismo na súa multiculturalidade. A partir de todos estes ámbitos indaga en como ideas e imaxes peregrinan a través de épocas, espazos e interrelacións. Esta é a primeira exposición individual de Silvia en Santiago despois do seu retorno de Londres e Barcelona, cidades onde expuxo en diversas galerías durante os últimos 10 anos. A exposición permanecerá aberta o sábado 4 todo o día, e de martes a venres de 11 a 14 e de 19 a 21 até o 15 de maio.

1 comentario:

  1. woori casino【VIP】pokies with no deposit bonus
    woori casino【VIP】pokies with no deposit bonus 2021. Updated: December 21, 2021, 8:55 カジノ シークレット am UTC (03:57 우리카지노 EST).

    ResponderEliminar