Cita en Lalín. Sábado 25 de maio ás 18:00. Espazo NonLugar.
Rosendo Cid |
Julia Spínola |
A falta de tempo para escribires algo de seu remítovos a nota de prensa que nos achegaron:
O proxecto curatorial Diálogos Improbables, iniciado en Lalín (Pontevedra) a comezos de novembro baixo o comisariado de Ángel Calvo Ulloa,
consolida o seu programa coa cuarta entrega das seis previstas. Tralo paso por esta
cita dos artistas Teo Soriano, Kepa Garraza, Javier Núñez Gasco, Manuel Eirís, Nacho Martín Silva e Vítor Mejuto, serán Julia Spínola e Rosendo Cid os encargados de amosar o seu traballo para xerar un discurso común salvando as diferenzas que a
priori caracterizan a súa obra. A cita desenrolarase o vindeiro sábado 25 de maio ás
Julia Spínola (Madrid, 1979), aborda a pintura coa mesma intensidade que require a
toma dunha importante decisión. Pintora detida; establece unha conexión co seu
traballo que se caracteriza pola forte carga emocional, aparecendo en cada traballo
unha parte dela que representa de forma permanente.
Bolseira do programa Generación 2013 de La Casa Encendida e representada polas
galerías Heinrich Ehrhardt (Madrid) e Tatjana Pieters (Gante) pasa por ser unha das
artistas españolas máis destacadas do panorama internacional. Actualmente o seu
traballo forma parte da mostra colectiva Sin motivo aparente, comisariada por Javier
Hontoria para o CA2M de Móstoles.
Rosendo Cid (Ourense, 1974) presenta un traballo a medio camiño entre a fotografía e a escultura. As composicións coas que xoga rozan constantemente o absurdo e xeran
xogos nos que a anécdota cobra unha sobriedade que desconcerta. Pequenas
esculturas realizadas para a foto, obxectos de suposta elaboración rápida que quedan
rexistrados para dar conta da súa fútil existencia.
Recentemente a Fundación Granell (Santiago de Compostela) dedicoulle unha mostra
individual e actualmente podemos atopar o seu traballo exposto no MARCO de Vigo,
na exposición O bosquexo do mundo. Cid tamén é un dos artistas galegos incluídos no proxecto editorial e expositivo Afluentes: a figuración na arte galega dende os sesenta.
A importancia que o xesto mínimo cobra tanto na pintura de Julia Spínola coma na
escultura fotografada de Rosendo Cid podería ser un punto de partida para este
diálogo improbable. O traballo extremadamente reflexivo e pausado de Julia Spínola
peta de fronte coa idea que Rosendo Cid ten da ensamblaxe rápida. Atopar nun
espazo reducido o traballo de dous artistas que teñen unha relación tan distinta co
tempo, pode xerar un interesante encontro ou un erro estrepitoso.
Seguindo coa liña de críticos e comisarios convidados, Mónica Maneiro (Bos Aires,
1976) –crítica de Dardo Magazine e comisaria independente- vai ser nesta ocasión a
encargada de reflexionar en torno ao diálogo que as obras dos dous artistas van xerar.
O resultado incluirase no catálogo que verá a luz a finais de ano e que incluirá todo o
material gráfico e teórico correspondente ao proxecto.
18:00 no Espazo NonLugar da Rúa Pena Toares, 7 de Lalín e a súa duración estará
novamente limitada ás dúas horas seguintes á súa apertura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario