19.11.13

De As Pontes, a Konin.

VideodinamizArte en colaboración coa Fundación Eugenio Granell, este mércores día 20, ás 20:00 horas, na propia fundación, presentará o Proxecto Roto-Pala:


Baixo o nome Proxecto Rotopala atopamos unha iniciativa transnacional que pretende botar unha nova ollada ao patrimonio industrial de dúas vilas mineiras: As Pontes (A Coruña) e Konin (Polonia).  
A través de dous Obradoiros de Videocreación realizados ao longo dos meses de Agosto e Setembro de 2012, con mozos e mozas de ambas vilas, resultaron varias curtametraxes que reflicten as miradas persoais dos habitantes máis novos de ambos contextos e que pretenden integrar eses espazos dende unha nova perspectiva.  
Convidámosvos este día a coñecer máis polo miúdo o que deu de si a historia das dúas rotopalas (maquinaria de extracción de carbón de gran tamaño) que foron vendidas tralo peche da mina de As Pontes, e que foron bautizadas ao chegar a Polonia como "Carmen" e "Dolores". Todo a través das pezas audiovisuais realizadas polos rapaces en colaboración transnacional.  
A nosa pretensión é aproveitar este encontro para abrir un espazo de reflexión sobre o patrimonio industrial e a forma de percibilo da poboación.  
Para isto estaremos acompañados por convidados que ampliarán a mirada sobre este tema, tanto dende o mundo da arte como a nivel sociolóxico. Intervencións que ilustrarán: 
- O contexto pontés e a relación da actividade económica mineira ca contorna, da man de Marisol Souto, traballadora da mina. - O contexto polaco e a importancia da minería na súa sociedade, de man de Marek Grzeszczyk, xeógrafo polaco.  - Outras olladas contemporáneas ao patrimonio industrial galego a través da mirada de J.F. Chas, artista adicado á fotografía.- Novas posibilidades de xestionar estes espazos implicando á sociedade, da man de María Ríos arquitecta pertencente ao colectivo Tankollectiff. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario