Este venres O FAC Peregrina Furancho acollerá unha exposición na modalidade Express, de Misha Bies Golas; unha intervención que conta coa colaboración musical de Diadermin, Los Televisores, Melómano Caracas
FAC Express Misha Bies Golas
GROSSO MODO (Hai que estar tranquilos)Venres 10 de maio a partir das 18:00h.
Misha Bies Golas presenta, nun dos seus múltiples formatos, a publicación Grosso Modo, un panfleto que versa sobre a xuventude rebelde, o problema das drogas e a crise de valores. Este traballo pódese entender como continuación de A modo de conclusión outra publicación na que se trataba o tema da crise de fe e outras cuestións relacionadas coa relixión.
Misha formara ademáis parte da one day exhibition comisariada por María Marco no coruñés eLEFANTE330 —e verbo da cal escribimos hai uns meses—, dentro dunha mostra denominada Plan de Rescate. Podedes ver a reportaxe nesta ligazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario