21.11.13

Chuvia, vapor e velocidade

Hoxe en Compostela inaugúrase a exposición fotográfica "Chuvia, vapor e velocidade" de Pedro Magalhães, no Espazo Miramemira, ás 20:00.

As imaxes da serie que presenta Pedro Magalhães nesta ocasión son unha clara mostra da frescura e da falta de prexuízos dunha fotografía etiquetada como vernácula. As imaxes das vacacións, as reunións familiares ou, como neste caso, os rexistros que irán directos á compañía aseguradora.
Continuadoras naturais das series sobre tuning, mostrar o desastre é básicamente dar dúas visións dun mesmo tema. Mozos seducidos por a máquina, por supuesto máis identificados co coche de carreiras que coa Vitoria de Samotracia. Futuristas por accidente e implicados ata o fondo nesta noble causa do motor. Declara Magalhães que esas imaxes, pese a non ser fruto do seu clic, si as sente como súas. Son imaxes da súa familia e polo tanto supoñen intres da memoria desta.
Pedro Magalhães (Porto, 1975) centra a súa práctica artística maioritariamente na fotografía. O seu traballo recente centrase en diferentes aspectos da cultura (sub)popular, e é o resultado da investigación e o traballo de campo sobre as actividades de afeccionados como o patinaxe sobre rodas ou o tuning de coches. Tamén ten utilizado fotografías da súa vida cotián para construir narrativas que exploran as nocións de memoria.
Pedro Magalhães ten exposto en diferentes galerías de Portugal e Inglaterra. Algunhas das súas exposicións máis significativas son P's Correspondence, na Selma Feriani Gallery, Londres, 2012, The low ride pleasure, na Galeria Nuno Centeno, Porto, 2011 ou "lutz-ritberg-euler-salchow", na Galeria Reflexus, Porto, 2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario