27.6.12

Wie geht es Ihnen Floreano?

Cando un vai visitar a Gogue á súa casa non é raro que, independientemente do día que sexa, o atopes no seu estudio-taller; xa ben ultimando a última andaina de Floreano e cía, caricaturizando a Rajoy, realizando traballos para medios de difusión estatal ou, quen sabe, rematando un encargo recén pedido dos Estados Unidos. Traballador incansable, xa é parte do elenco dos caricaturistas máis recoñecidos de Galicia e conta para a posteridade cunha estatua en bronce de Floreano, na súa e miña vila natal chamada O Grove.

A súa inclusión neste caderno de bitácora (aínda non sei como lle chamar ao Culturadeseu, se blogue, web, portal ou sitio) xa tardaba, e o motivo desta entrada é a curiosa combinación que se presentou grazas a unha marca de cervexa alemá e o Oktoberfest.


O contacto coa Paulaner (a empresa) foi directo, logo de que Gogue lle adicara unha tira cómica ao director de marketing de Cervexas Universais en Madrid. Que representa para o artista esta campaña que une a Monchiña e Floreano cunha das birras máis famosas? Pois para el é un "recoñecemento a nivel Nacional e Internacional" e outórgalle unha maior universalidade ás súas creacións amais do "prestixio dunha marca internacional". 

Explica irónico Gogue que a cunca de viño de Floreano non está en contradicción coa pinta de cervexa. "En calquer momento da súa intensa vida aventureira, puido ter unha conversa cunha loira de Alemania durante unhas vacacións na Praza de Arriba d'O Grove". 

Soños de Poliestileno Espandido
O de Floreano e o Oktoberfest non é máis que un fito nunha dilatada carreira como artista. O que vén, ten cor branca ao comezo e pouco a pouco vai tomando forma. Está Gogue inmerso nun mundo de fantasía nun pequeno Estudio de Soños. Cun cutter e con Poliestileno Espandido (ou sexa Rilla Rilla) rematou xa unhas figuras de Floreano e Monchiña, e "agora tócalle o turno ao meu pirata 'Dente de Ouro'.

E para cando a estatua de bronce de Monchiña? Di Gogue que Floreano está a reclamar á súa muller dende hai un ano. A ver se hai sorte e lle compaña.





No hay comentarios:

Publicar un comentario