23.4.13

FAC Express | Seara entre Bambolinas |

Outra semana de intensa actividade cultural en Compostela. Este venres 26 ás 18:00 horas, non dubidedes en visitar o FAC Peregrina, teñen un express cun gran artista do eido galego. Consolidado, que non recoñecido.

“Bambolina”
Parte da tea que colga na parte superior dun escenario para ocultar os artefactos de iluminacion e cordas de onde colgan os decorados.
Cada unha das pezas que costituen a decoracion superior dun esceario teatral e que consiste en teas ou papel pintado
“entre Bambolinas”
Sen mostrarse abertamente
Jose Luis Seara (Arcade, 1957). Artista plástico cunha longa traxectoria profesional en pintura, debuxo e traballos de escenografía no ámbito local, nacional e internacional. Membro durante a década dos setenta do histórico colectivo de artistas FOLGA (Vilaxoán, Pontevedra) forma parte de numerosas exposición colectivas que atenden as novas alternativas creativas dos anos oitenta en Galicia e en Portugal. Acude por primeira vez a Feria Internacional de Arte Contemporánea ARCO93 en Madrid da man da galería viguesa Ad Hoc e a MIART01 en Milán da man da galería Por Amor a Arte e ten exposto en Bienais como a de Vilanova de Cerveira en Portugal ou a de Lalín en Pontevedra. Ten colaborado coas galegías galegas Ad Hoc, Por Amor a Arte, Abel Lepina ou pm8 e con institucións coma o Museo de Arte Contemopráneo de Brasil ou o ICCR Tagore Center en India. A súa obra pode atoparse en importantes colecións de arte coma a do MACUF de A Coruña, Novacaixagalicia de Vigo, Mustang Jean de Porto, Museo da Arte de Vilanova de Cerveira e a da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

1 comentario:

  1. Betway Casino Hotel Reno - Mapyro
    The Betway 여주 출장샵 Casino Hotel Reno 용인 출장마사지 features an indoor pool that is set on a 70" 천안 출장샵 high 구리 출장안마 mountain, with a 60" high mountain that climbs 상주 출장안마 into the casino.

    ResponderEliminar