14.11.13

O derradeiro Diálogo (improbable)

Carlos Rodríguez-Méndez

Aínda que o título semelle unha película de Cineuropa a verdade é que o proxecto curatorial de Ángel Calvo Ulloa, chega este sábado ao seu fin. Logo de 12 meses, esta fin de semana, en Lalín, no soto NonLugar, daránse cita os derradeiros (e sextos) Diálogos Improbables con Mauro Cerqueira e Carlos Rodríguez-Méndez; aquí parte da nota de prensa:

Cada dous meses, dous creadores cuxo traballo se atopa aparentemente en puntos opostos, pasaron por este espazo ata completar a lista dos doce: Javier Núñez Gasco, Julia Spínola, Fernando García, Kepa Garraza, Nacho Martín Silva, Suso Fandiño, Teo Soriano, Manuel Eirís, Vítor Mejuto e Rosendo Cid, uníndoselles nesta derradeira entrega os citados Mauro Cerqueira e Carlos Rodríguez-Méndez. Esta última cita terá lugar o vindeiro sábado 16 de novembro a partires das 17:00 no Espazo NonLugar, situado no número 7 da Rúa de Pena Toares de Lalín. O Café Barriga Verde albergará ese mesmo día, dende as 23:00, unha festa de clausura. 
O proxecto naceu baseado na reivindicación da necesidade da figura do comisario e no reto que supón tanto para el coma para cada un dos artistas a imposición de compartir sala con outro artista co que basicamente, por motivos netamente discursivos, xamais expoñería. Aos doce creadores, sumouse unha lista de críticos e comisarios que se encargaron de entrevistar e escribir sobre a experiencia de cada un dos seis diálogos. O crítico e comisario Juan Canela será, coma nas exposicións anteriores foron outros, o encargado de conversar cos artistas e xerar unhas conclusións que se publicarán nos próximos meses. 
Juan Canela, Mónica Maneiro, Ane Agirre, Francesco Giaveri, Sonia Fernández Pan e o propioÁngel Calvo Ulloa redactan todo ese material que acompañará as imaxes no catálogo que verá a luz a finais de ano y cuxo financiamento foi posible por medio dunha campaña de crowdfunding.
Para poñelo colofón a este ano de traballo, Mauro Cerqueira –inmerso actualmente nunha residencia na Rauschenberg Residency de Captiva, Florida- compartirá o espazo con Carlos Rodríguez-Méndez, que presenta un traballo site-specific que baixo o título de Liturjia*. Permeación II retoma o proxecto Residuo. Boca, iniciado en 2012 para MARCO (Vigo) e LABoral (Gijón) e Liturjia*. Permeación que puido verse no pasado Open Studio de Madrid ao que acudiu convidado polo artista Javier Núñez Gasco. O erro gramatical na palabra liturgia* é aproveitado por Rodríguez-Méndez de maneira que me licencie para o uso dun concepto con tan connotada acepción; tanto pola violencia que crea a propia falta como pola nova significación que esa incorrección facilita.
Mauro Cerqueira

Mauro Cerqueira acude a Diálogos Improbables con Joias, as pezas que este verán puideron verse na Bienal de Jafre e que posteriormente viaxaron ao espazo Piano Nobile de Xenebra como parte do proxecto Cidade Crua. Tamén chega cun vídeo inédito, Baile Garrafa, que afonda nos procesos de experimentación que durante o pasado verán levou a cabo no seu estudio de Oporto.
Ambos teñen un punto en común que pasa pola crueza do entorno que os rodea, polo descarnado dos comportamentos humanos e polo visceral dos xestos que condicionan a nosa convivencia. Instantes precisos nos que á plástica úneselle o poético, convertendo unha acción cotiá nun intre illado, case máxico, pero sempre terrible.



1 comentario:

  1. The King Casino Resort - Hertzaman
    Find the herzamanindir.com/ perfect 1xbet 먹튀 place to gri-go.com stay, play, and unwind at Harrah's Resort Southern California. Get titanium ring your kadangpintar points now!

    ResponderEliminar